Case dúas décadas de experiencia en planificación de medios e estratexias de mercado, tanto online como offline.
Estiven a cargo da dirección de contas e de servizos de atención ao cliente, desenvolvendo negociacións para a xestión e optimización de orzamentos. Ademais, ocúpome da supervisión e motivación do equipo humano, formando e creando grupos de traballo efectivos.
Son especialista na creación de equipos motivados e realicei mentoring en estado puro. Tamén deseñei e implementei sistemas de mellora en procesos para optimizar o rendemento xeral.
Ademais, son blogger, ponente e formadora en CeMIT, concellos, Xunta de Galicia, bibliotecas e academias de recoñecido prestixio.